O Concello realizará reformas na Escola de Artes e Oficios

mércores, 15 mar 2006

O presidente do padroado de Escola de Artes e Oficios, Ignacio López Chaves, a directora da escola e o arquitecto municipal, realizaron o martes unha visita ás instalacións do centro co obxectivo de avaliar as reformas precisas que se deben acometer para o correcto mantemento da escola.

Obxectivo: unha biblioteca a menos de 15 minutos

mércores, 1 mar 2006

O concelleiro-delegado da Área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe mércores un estudo da "Situación bibliotecaria do Concello de Vigo", no que se conclúe que só o 31% da poboación viguesa utiliza as bibliotecas con que conta a cidade.

A Escola Superior de Arte Dramática terá novo edificio no curso 2007-2008

venres, 25 nov 2005

A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe venres no Concello un encontro coa conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, no que trataron, entre outros asuntos, a construción dun novo edificio para a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, a apertura de novas titulacións na Universidade e o mantemento dos colexios.