Escoitar

O alcalde urxe á Xunta de Galicia a construir o novo colexio Altamar

Abel Caballero reuníu este luns á Asociación de Veciños do Freixeiro para ensinarlles o proxecto elaborado por Urbanismo para edificar un novo centro no lugar que hoxe ocupa o colexio Altamar, evitando así "destruir" a zona verde anexa ao Museo Liste, a outra alternativa proposta. O alcalde indicou que a Xunta de Galicia ten os terreos e o proxecto á súa disposición para telo construído, con "vontade", en outubro ou novembro.

luns, 18 abr 2011
1303140350altamar.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu este luns á Xunta de Galicia a edificar o novo colexio Altamar, ubicado na parcela do actual, ao ter a súa disposición os terreos e o proxecto, elaborado polo Concello.

O alcalde reuniu este luns á Asociación de Veciños do Freixeiro para amosarlles o proxecto redactado pola Xerencia municipal de Urbanismo para edificar o novo centro na mesma parcela, atendendo ás necesidades de espazo, e evitando "destruir" a zona verde anexa ao Museo Liste, a outra alternativa proposta e rexeitada polo goberno local.

Abel Caballero indicou que a alternativa municipal é viable e podería estar construido en outubro ou novembro, se a Xunta de Galicia amosa "vontade" no mesmo. O primeiro edil volveu rexeitar públicamente a proposta dun novo colexio nos terreos anexos ao Museo Liste: "o intento de destruir un parque en Vigo non o imos tolerar nunca", máis contando cunha opción alternativa, por "cuestión estricta de sentido común".
Descargar todas as imaxes