Escoitar

Presentacion do libro "Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro"

Oluns 18 presentase ás 19.30 horas na Casa sa Cultura a publicación titulada: Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro.O libro supón un auténtico descubrimento da faceta literaria de Laxeiro. Un traballo que recolle un total de 116 textos, dos que 83 son inéditos e 33 foron recompilados de diferentes publicacións.

venres, 15 abr 2011
1302866437imaxelaxeiro.jpg
O traballo forma parte do proxecto de investigación que constou da exposición titulada Laxeiro, escritos, pensamentos, recordos e relatos, programada na Fundación Laxeiro do 5 de novembro de 2010 ao 30 de xaneiro de 2011 e agora remata coa presentación do libro. Un traballo de investigación que, partindo do estudo dun total de 191 textos, foi levado a cabo durante todo 2010, dando como resultado final esta escolma de textos que se estruturaron segundo o seu xénero en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, relatos e lembranzas, retratos, presentacións, textos sobre arte.

Publicado en formato bilingüe, galego e castelán, a localización, recompilación e picado de textos correu a cargo da bisneta do artista, Paula García-Suárez Fernández, a revisión lingüística foi realizada por Anxos Sumai e Javier Pérez Buján e a edición corre a cargo deste último. Unha edición que inclúe 141 notas a pé de páxina nun esforzo por contextualizar os contidos que o autor vai desenvolvendo, conformando un texto paralelo que axuda a comprender e situar na súa época multitude de nomes, lugares e situacións que se van citando no libro.

O proxecto está financiado por a Deputación de Pontevedra e no acto de presentación contarase coa participación de Xesús López Carreira, presidente delegado da Fundación Laxeiro e concelleiro de Cultura do Concello de Vigo; José Manuel Figueroa Vila, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Marcela Santorum, colaboradora do Faro da Cultura; Carlos García – Suárez Otero, director xeral da Fundación Laxeiro e neto do artista e Javier Pérez Buján, editor da publicación e director artístico da Fundación Laxeiro.
Descargar todas as imaxes