Escoitar

Danza e teatro infantil son as propostas do Auditorio Municipal para este fin de semana

A programación de artes escénicas que a Concellería de Cultura organiza no Auditorio Municipal continúa este fin de semana con dúas propostas diferentes, como son a danza e o teatro infantil. Mañá, 16 de abril, a compañía Sólodos Neodans interpretará o espectáculo "Sólodos" ás 21 horas. O domingo, 17 de abril ás 18 horas, Ghazafellos representará a obra "Frankestein", recomendada para nenos e nenas a partir dos 5 anos. O prezo das entradas para o espectáculo de danza é de 5 euros, e para o teatro é de 3 euros para os nenos e nenas até 12 anos e 5 euros para os maiores; nos dous casos pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

venres, 15 abr 2011
"Sólodos" é un espectáculo do programa "Vigo en danza" formado por diferentes pezas de danza independentes entre si, pequenos relatos bailados por só dúas persoas: "Caracola", "Nozomi", "Mareia" e "Vigilia en Ausencia". Delas pezas, "Caracola", foi galardoada con diferentes premios.

A compañía Ghazafellos parte dun clásico como Frankenstein para afondar nas diferenzas que, ás veces, nos fan sentir mal e na que a doutora Mon Champignom e o doutor Pe Arrepío veranse inmersos nunha nova aventura aterradora nas entrañas dun castelo onde nada é o que parece.