Abel Caballero valorou os "niveis de ocupación moi elevados" rexistrados no primeiro voo Vigo-Londres
O pasado sábado iniciouse a ruta Vigo-Londres subvencionada polo Concello de Vigo e o alcalde valorou hoxe positivamente o establecemento desta conexión para os negocios da cidade olívica e para o turismo. Das 180 prazas dispoñibles, a ruta a Londres ocupou 151 e a volta a Vigo outros 97 asentos. "Acertamos cando apostamos por este avión", asegurou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe luns que o inicio da conexión aérea entre Peinador e Heathrow é unha "moi boa nova" para a cidade que rexistrou no seu primeiro voo "niveis de ocupación moi elevados".
Caballero ofreceu os datos relativos ao pasaxe do pasado sábado tanto no traxecto de ida como no de volta, ocupación "importante" que levou a Londres a 151 pasaxeiros dos 180 dispoñibles no voo, e trouxo á cidade olívica a 97 persoas. "Vigo ten xa a súa ruta a Londres e cun nivel de ocupación moi importante", indicou o alcalde.
O primeiro edil apuntou que estas cifras reflexan que "acertamos cando apostamos por este avión", xa que é positivo para a economía e a industria viguesa -conectada co mundo a través de Londres- e tamén para o turismo que recale en Vigo.
Descargar todas as imaxes