Escoitar

O alcalde avanza que estudará cos empresarios e emprendedores novas medidas de apoio ás PEMES

Abel Caballero entrevistouse este luns coa Asociación de Jóvenes Empresarios y Emprendedores de Galicia (AJEGA), con quen comprometeuse a estudar conxuntamente novas fórmulas de apoio ás pequenas e medianas empresas da cidade. Este respaldo, a formalizar nun convenio coa entidade, sumaríase ás rebaixas nas taxas de terrazas e de licenzas impulsadas polo goberno local, e eloxiadas por AJEGA.

luns, 18 abr 2011
1303140389pymes.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que estudará a posibilidade de conveniar cos emprendedores novas medidas de apoio municipal ás pequenas e medianas empresas da cidade.

Caballero entrevistouse coa Asociación de Jóvenes Empresarios y Emprendedores de Galicia (AJEGA) para valorar a situación das PEMES na cidade. Tras a reunión, o rexedor adiantou que o Concello estudará a sinatura dun convenio coa entidade de apoio ao sector, ampliando así as medidas xa adoptadas polo goberno local de taxa cero para as terrazas e para a concesión de licenzas de actividade e primeira ocupación, eloxiadas por AJEGA.

O alcalde explicou que os emprendedores plantexaron que a rebaixa das taxas sexa permanente, como "apoio á economía", e indicoulles que a taxa cero ten vocación de continuidade e "prestan un gran servizo" aos pequenos negocios.

Abel Caballero apuntou que, despois de implementar axudas ao naval e automoción xunto ao Goberno de España, "temos que iniciar o apoio ás PEMES", polo que avaliará conveniar con AJAGA os contenidos deste respaldo. As taxas cero "teñen que continuar con medidas adicionais" que consensuarán co sector.

IGAPE
Os empresarios e emprendedores integrados neste colectivo trasladaron ao alcalde vigués unha queixa relativa ao "retraso nos pagos" por parte do IGAPE -dependente da Xunta de Galicia-, que chegan a alongarse ata os 18 meses, cando no Concello de Vigo os pagos realízanse "en 45 días".

Abel Caballero avanzou que trasladará ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a reclamación do colectivo, coa finalidade de que "axilice" os pagos.
Descargar todas as imaxes