venres, 18 xan 2019
O alcalde de Vigo fixo balance este venres da campaña de Nadal que finalizou o pasado 13 de xaneiro tras prolongarse durante 51 días. Abel Caballero sinalou que "foi a vez que houbo máis xente na historia da cidade" tras indicar que os cálculos apuntan a máis de 2 millóns de persoas e un retorno económico superior aos 25 millóns de euros.
xoves, 17 xan 2019
O programa municipal Coidadores de barrio permitiu prestar máis de 31.000 servizos durante o ano 2018. Tal e como explicou o alcalde, hai 350 usuarios asiduos aínda que se atenden a miles de persoas, das que a maior parte superan os 60 anos.
mércores, 9 xan 2019
O alcalde reuniuse este mércores con elas para "darlles unha aperta no nome da cidade". O programa municipal ofrece formación e un contrato laboral dun ano a trece mulleres. Á loita contra a violencia machista, o Concello de Vigo adica preto dun millón de euros cada ano, recordou Abel Caballero.
luns, 17 dec 2018
O goberno local comezará esta semana o proceso administrativo de venda á Zona Franca do Edificio do Reitorado procedendo a desafectación da parcela. Deste xeito, o Consorcio será máis accesible e o actual edificio da Zona Franca poderá ser utilizado para actividade e empresarial o que redundará en "gran rendibilidade económica" para Vigo.
mércores, 12 dec 2018
Caballero recibiu este mércores ao comité de empresa do estaleiro, que propón, "con bo criterio", concluír o barco que ten actualmente nas súas bancadas Vulcano, en "situación límite". Ante a reunión deste venres entre empresa, armador, banco e Xunta, o alcalde reclama finalizar o ferri polo ben do naval, dos traballadores do estaleiro e das súas empresas auxiliares.
venres, 30 nov 2018
Abel Caballero presentou este venres o programa completo das festas de Nadal en Vigo. O rexedor destacou as decenas de actividades previstas e incidiu no éxito do goberno local para "transformar unha festa tradicional nunha festa moderna con atractivo turístico".
venres, 30 nov 2018
Abel Caballero avogou por modelo de comercio de proximidade esta mañá na presentación da programación do Nadal prevista en Teis. As actividades están organizadas polo Mercado e polos Comerciantes de Teis. <br />
mércores, 21 nov 2018
O alcalde explicou que se trata dun servizo de información e asesoramento de balde dirixido a promover a creación de emprego e consolidación de novos negocios, un programa cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea cun orzamento de 200.000 euros, como parte do EDUSI Vigo Vertical.
venres, 9 nov 2018
O alcalde de Vigo, xunto ao Delegado de Zona Franca, David Regades, visitou este venres as instalacións de AIMEN no Porriño e mantivo un encontro cos responsables do Centro Tecnolóxico poñendo en valor o seu nivel investigador e a súa traxectoria ao terse "convertido no centro da capacidade tecnolóxica de Europa, un fito que temos que felicitar, estimular e apoiar". O rexedor manifestou o seu compromiso de apoiar os proxectos que desenvolva AIMEN para que acaden o financiamento preciso así como de formar parte das iniciativas de innovación que poñan en marcha.
venres, 9 nov 2018
Abel Caballero recibiu este xoves no Concello aos beneficiarios do programa de VigoEmprende. A iniciativa conta cun total de 156 beneficiarios en cun importe total de 205.000 euros dentro do programa de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.