Caballero pide ao secretario de Estado para a UE que defenda os intereses pesqueiros de Vigo ante o brexit

martes, 23 out 2018

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha xuntanza co secretario de Estado para a Unión Europea, Luis Marco Aguiriano, ao que lle pediu que defenda os intereses pesqueiros de Vigo na negociación co Reino Unido a raíz do brexit. "Queremos manter a nosa presenza en Malvinas e ter capacidade para pescar", sinalou Caballero antes de apuntar que o secretario de Estado "é optimista".

O alcalde de Vigo mantén unha reunión de traballo con Juan Carlos Escotet e David Regades

martes, 9 out 2018

Abel Caballero mantivo este martes unha reunión de traballo co presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e o delegado da Zona Franca, David Regades, para coñecer os novos proxectos que ten en marcha o Consorcio e estudar posibles vías de cooperación a favor do desenvolvemento de Vigo. O alcalde de Vigo tamén quixo asistir ao encontro para felicitar a ambos responsables polo traballo que van a poñer en marcha a favor da cidade.