Escoitar

O Concello aproba un plan de reactivación económica para autónomos e micropemes

A Xunta de Goberno Local do Concello de aprobou este xoves a adxudicación dun contrato para a reactivación económica e social de autónomos e micropemes. O alcalde tamén avanzou que recibiu o visto e prace a convocatoria de subvencións para o emprendemento a través do traballo colaborativo.

venres, 15 mai 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que o Concello aprobou en Xunta de Goberno Local a adxudicación do contrato de servizos para a reactivación económica e social de autónomos e micropemes, por tramitación de emerxencia.

Segundo explicou, o obxectivo é atender ás novas necesidades derivadas da situación de emerxencia sanitaria xerada polo Covid-19. O importe de contrato é de 122.086 euros, ten un prazo de execución de 8 meses e estará destinado a creación dun equipo técnico con seis persoas (un coordinador, un técnico de atención e información e catro técnicos especializados en implantación e acompañamento).

Os obxectivos serán por en marcha unha “fiestra única” que canalice todas as cuestións que afecten directamente á actividade empresarial da cidade provocada pola actual crise sanitaria. A través do equipo técnico o Concello intentará minimizar o impacto económico e reactivar a actividade de autónomos e micropemes, dar resposta ás novas necesidades e apoiar accións de rápido impacto na súa actividade empresarial.

Este servizo permitirá informar sobre as medidas adoptadas polas administracións, desde suspensión de prazos a ERTES ou liñas fiscais, así como ofrecer análises e diagnóstico da actividade empresarial, priorizar accións e acompañar na implantación de solucións.

Vigo Vertical

Por outra banda, a Xunta de Goberno deu o visto e prace á adxudicación da contratación dos servizos de asesoramento a pemes e emprendedores dentro da estratexia DUSI “Vigo Vertical”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

A adxudicataria é a UTE formada por Dirección por Implicación e Consulting Empresarial Casares SL.

Traballo colaborativo

Ademais, o alcalde informou de que na mesma sesión o goberno local aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o fomento del emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo. O Concello concederá axudas económicas en réxime de concorrencia competitiva a persoas emprendedoras e micropemes para o fomento de emprego en contornas colaborativas (espazos de traballo compartidos - coworking) desde o 1 de xaneiro ao 30 de setembro por un importe de 35.000 euros.

O obxectivo é mellorar a colaboración entre empresas e profesionais co fin de reducir custes de funcionamento e mellorar a información, formación e oferta de servizos empresariais.

Limpeza de cemiterios

Por último, Abel Caballero explicou que a Xunta de Goberno tamén sacou adiante o expediente de contratación para a prestación do servizo de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos cemiterios municipais de Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns.

O prazo de execución do contrato queda establecido en tres anos, puidendo prorrogarse por dous anos máis. O importe total é de 967.424,66 euros.

Descargar todas as imaxes