mércores, 13 mai 2020
O alcalde e representantes dunha decena de salas de concertos acordaron este mércores desenvolver un proxecto conxunto para ofrecer actuacións de artistas locais -musicais e doutras disciplinas- “con seguridade sanitaria ao 100%”. O obxectivo é apoiar aos promotores e aos artistas locais, con espectáculos en recintos pechados ou ao aire libre.
mércores, 13 mai 2020
Desde que o Concello habilitara unha sección adicional dentro do voluntariado municipal con motivo da crise sanitaria, xa son 1.217 as persoas que cooperan la realización de compra de alimentos, medicamentos, reparto de máscaras ou paquetes de libros desde os colexios. Na habitual rolda de prensa telemática, Caballero recoñeceu o excepcional traballo desinteresado que realizan estes voluntarios.
mércores, 13 mai 2020
A Xunta de Goberno Local deu o visto bo ao expediente de contratación do servizo de conservación e reposición das zonas verdes da cidade que incrementa nun 10% a superficie que se atende e que aumenta tamén o persoal do servizo.
mércores, 13 mai 2020
O MARCO celebrará o próximo luns 18 de maio o Día Internacional dos Museos con actividades na rede dirixidas a distintos públicos. O lema elixido para este ano é "Museos para a igualdade: diversidade e exclusión".
mércores, 13 mai 2020
O director do Instituto de Estudos Vigueses será o encargado de redactar o bando polo Día das Letras Galegas deste ano, un 17 de maio que renderá homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero. O alcalde considera idóneo a Abad, home “do mundo da cultura, da historiografía da cidade”