Escoitar

O MARCO súmase ao Día Internacional dos Museos con actividades online para todas as idades

O MARCO celebrará o próximo luns 18 de maio o Día Internacional dos Museos con actividades na rede dirixidas a distintos públicos. O lema elixido para este ano é "Museos para a igualdade: diversidade e exclusión".

mércores, 13 mai 2020

Abel Caballero deu conta esta mañá de que o MARCO sumarase un ano máis á conmemoración do Día Internacional dos Museos, que este ano leva por lema: Museos para a igualdade: diversidade e exclusión". Entre a "importantísima", programación virtual prevista, destaca Somos mujeres y estamos aquí, coa emisión dunha performance da artista Yolanda Herranz; o Programa Cheapcuts/Corto documentais sobre identidade que se emitirán o día 18 ás 20,00 h; Un paisaje de paisajes, un obradoiro en colaboración con APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálisis Cerebral; Viva a diferencia: a partir do cartel deseñado para o DIM 2020, o MARCO lanza unha convocatoria en redes para recrealo en distintas versións; Proyectos que cuentan, artistas que suman: desde a Biblioteca- Centro de Documentación del MARCO compartimos co público a particular selección de artistas e proxectos que están presentes nos no fondo bibliográfico do museo relacionados coa diversidade e a inclusión.