martes, 17 xul 2018
O goberno vigués vén de resolver a convocatoria de subvencións a clubs deportivos de base, con 174 entidades beneficiadas e un importe total de 850.000 euros, cando no 2015 a cifra era de 430.000. Caballero puxo en valor o cumprimento do seu compromiso de duplicar a axuda neste mandato e avanzou un novo incremento desta partida no orzamento de 2019.
luns, 16 xul 2018
Abel Caballero presentou hoxe luns a cuarta edición do Vigo Battle of Teams, unha competición de crossfit nada en 2015 no Vao e que logo mudouse a Samil, onde leva xa tres anos. Prevista do 3 ao 5 de agosto baixo a organización de Crossfit Vigo e co patrocinio do Concello (Concellerías de Deportes e de Turismo), o evento aspira a "ser o mellor de Europa".
venres, 13 xul 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pechou hoxe a segunda edición do campus polideportivo VIDE en Samil, cun cento de nenas e nenos que colgaron o cartel de completo nesta iniciativa que comezou o luns en horario de mañá.
xoves, 5 xul 2018
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou á cidadanía a acudir esta fin de semana ao Campionato de España de Automodelismo na categoría Pista 1/8 Gas, que recibe o circuíto municipal vigués, en Samil. Será a terceira das catro probas do circuíto nacional despois das de Valencia e Alcobendas.
xoves, 5 xul 2018
A Xunta de Goberno validou o proxecto de renovación dos asentos da bancada de Río Baixo cun investimento de 260.000 euros procedente da Deputación de Pontevedra. Ao mesmo tempo, o Concello está a traballar na elaboración do estudio de viabilidade económico para o uso e explotación do Estadio Municipal, así como nos proxectos de Marcador, Gol e o aparcamento.
mércores, 4 xul 2018
O Team Leader UVigo Motorsport desvelou este mércores o deseño do seu novo monopraza nun acto que contou coa presenza do alcalde Abel Caballero. O rexedor felicitou ao equipo e avanzou que tanto Concello como Zona Franca apoiarán o proxecto "durante 25 anos máis".
mércores, 4 xul 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades, e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, desexou "boa sorte" ao Club de Remo Coruxo, representado polo seu presidente, Darío Fernández, e polo seu adestrador, David Serodio, para a XXVI Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se celebrará este domingo día 8 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal.
xoves, 28 xuñ 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou á cidadanía a seguir en directo o XXVII Gran Premio Ciclista Teis, que se celebra este domingo (10,00 horas) na contorna do mercado de Teis para escolas e que rematará cunha proba de fondo en estrada para a categoría Máster.
xoves, 28 xuñ 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe no seu despacho de Alcaldía á tripulación de catro sen timonel do Club Remo Vigo que disputou o Campionato de España de remo en Banyoles hai uns días, conquistando unha medalla de bronce en categoría júnior.
mércores, 27 xuñ 2018
Abel Caballero eloxiou a posta en marcha de FestiMáis, unha iniciativa deportiva e de ocio organizada para recadar fondos para Bicos de Papel. As instalacións do Máis que Auga de Navia acollerán o sábado 30 de xuño todo tipo de actividades lúdicas e deportivas e o 100% da recadación solidaria será para esta asociación de pacientes oncolóxicos.