Caballero deséxalle sorte ao Coruxo na recta final da temporada
Abel Caballero acudiu este luns ao campo de O Vao para felicitar aos xogadores do Coruxo pola gran temporada que están a realizar no seu campo na Segunda División B do fútbol nacional. O alcalde recibiu como agasallo unha camiseta co seu nome e departiu durante uns minutos coa directiva e os integrantes do primeiro equipo sobre o terreo de xogo.
