Escoitar

Concello e ASIME cooperarán na captación de fondos europeos de recuperación

O rexedor mantivo un encontro coa xunta directiva de ASIME para informarlle dos mecanismos que rexerán a chegada de fondos europeos de recuperación económica. Caballero volveu criticar á Xunta por non compensar á hostalaría, ao pequeno comercio a aos autónomos cos máis de 400 millóns que recibiu do Goberno central para ese fin.

martes, 9 feb 2021

O alcalde de Vigo mantivo unha reunión coa xunta directiva de ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías) para abordar a situación do sector industrial e reforzar a cooperación de cara aos fondos de reestruturación europeos Next Generation EU. Durante o encontro virtual que tivo lugar onte pola tarde, Caballero informounos dos mecanismos e dos criterios de selección e instounos a estar atentos a calquera convocatoria ou proceso de licitación ao que se poidan presentar.

Outro dos acordos do que deu conta o rexedor foi proseguir colaborando coa próxima edición de Mindtech (Metal Industry and Technologies International Trade Fair), feira internacional que organizará Asime do 14 ao 16 de setembro no Ifevi.

Tal e como explicou en rolda de prensa, Caballero trasladou aos membros da xunta directiva de ASIME a súa posición crítica á negativa da Xunta a compensar á hostalaría, ao comercio e aos autónomos cos máis de 400 millóns que recibe de fondos europeos para este fin.

Descargar todas as imaxes