Escoitar

Caballero: “O modelo Vigo de transparencia e bo goberno xa é exemplo para toda España”

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a Memoria de Transparencia e Bo Goberno 2020 tras recibir o pasado ano o Premio á Práctica Municipal outorgado polo Centro de Estudios Municipales y de Cooperación Internacional. “O noso modelo de administración xa é un exemplo para todos os municipios de España”, sinalou o alcalde.

luns, 8 feb 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns en rolda de prensa que a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves a Memoria de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Vigo en 2020. O pasado ano o goberno municipal recibiu o Premio á Práctica Municipal outorgada polo CEMCI (Centro de Estudios Municipales y de Cooperación Internacional) na súa cuarta edición.

“O modelo Vigo de transparencia administrativa xa é exemplo en toda España e na actualidade todos os gobernos locais teñen que adaptarse en base ás pautas marcadas polo Concello de Vigo”, sinalou Caballero. O rexedor tamén indicou que “estamos optimizando como ningún axuntamento a transparencia, claridade, difusión de información e administración electrónica, xa estamos indo máis alá das esixencias locais, superamos os estandares, como modelo de goberno transparente e absolutamente cooperativo”.

O obxectivo do Concello é traballar na publicidade activa, o acceso á información pública, o bo goberno e integridade, o desenvolvemento do plan de seguimento e avaliación e a transparencia municipal en el entorno da crise sanitaria Covid-19.