Escoitar

O Concello mantén as achegas aos clubs deportivos a pesar da redución de actividade

O Concello de Vigo vén de reformular as bases de concorrencia das axudas ao deporte para que os clubs poidan manter o apoio económico a pesares da redución da actividade imposta pola crise sanitaria. Deste xeito, o goberno local adxudicará achegas directas por valor de case dous millóns de euros para deporte de base e de elite .

venres, 12 feb 2021

alcalde anunciou esta mañá que o Concello distribuirá case dous millóns de euros entre aos distintos clubs deportivos da cidade. Logo de reformular as bases de concorrencia para que a falta de actividade imposta pola crise sanitaria non supuxera un obstáculo legal, o goberno local poderá manter os seus compromisos co deporte vigués. Tal e como detallou, 925.000 euros serán para o deporte de base; 496.000 euros serán para os clubs de elite; 40.000 euros para o deporte urbano; 125.000 para a Fundación Vide e 308.000 para as escolas deportivas municipais.

Caballero fixo estas declaracións despois de visitar este venres o pavillón polideportivo da ETEA onde o goberno municipal vén de instalar un practicable de ximnasia acrobática cun importe de 51.425 euros. Trátase dun pavimento brando que reúne as condicións técnicas precisas para esta práctica deportiva e que converte á ETEA na “mellor instalación de toda España. Amais, o Concello instalou no mesmo pavillón unha pista para esgrima adaptada, con ancoraxes, marcadores e tódolos dispositivos necesarios para a práctica de esgrima en cadeira de rodas e que tivo un custo de preto de 10.000 euros.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes