Escoitar

Vigo aproba o proxecto para construír o novo Centro de Formación do Casco Vello

A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao proxecto para rehabilitar o edificio de rúa Alta 23 e levantar o novo Centro de Formación do Casco Vello. O alcalde indicou que a infraestrutura, cun investimento de case 700.000 euros, estará rematada a finais do presente ano.

venres, 12 feb 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de rehabilitación de Rúa Alta 23 para a construción do novo Centro de Formación. A actuación ten un investimento de 693.360 euros, cunha superficie total construída de 409 m² e un prazo de execución de 8 meses. “O centro estará adicado a dar formación a persoas que necesitan actualización e adaptación a novos oficios”, sinalou o rexedor.

Caballero destacou que o Concello de Vigo continúa coa súa aposta pola rehabilitación do Casco Vello e investirá cerca de 700.000 euros na recuperación de dúas ruínas situadas entre a Rúa Alta e a Praza de Pescadores. Ademais, reclamou á Xunta de Galicia que tamén invista na rehabilitación do barrio histórico da cidade.

Xestión de Estacionamentos Regulados

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a proposta de Área de Rehabilitación Integral (ARI) para os grupos de Beiramar, Espiñeiro, San Pablo e San Roque. A proposta será remitida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a súa aprobación definitiva, o que permitirá recibir achegas do Plan Estatal de Vivenda.

En total, trátase de 807 vivendas agrupadas en 100 bloques de edificios cunha superficie de 51.827 m². Estas novas catro ARIs sumaríanse ás xa existentes na cidade: Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e Coia -rúas Bueu e Moaña -, estas dúas últimas incorporáronse neste ano 2019.

Descargar todas as imaxes