martes, 21 ago 2018
O alcalde invitou á cidadanía a que vaia a ver a proba ao parque de Castrelos e valorou tamén que moitos atletas corran tentando recadar fondos para enfermidades como a ELA, o autismo, o cancro, a distrofia muscular de Duchenne ou o síndrome de Schaff Yang.
luns, 20 ago 2018
Caballero informou este luns da clasificación das ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para construír o novo espazo polideportivo que o Concello promove en Romil 77, fronte ao colexio Fleming, e para o que reserva 2,2 millóns de euros.
luns, 20 ago 2018
A 77 edición do Campionato de Vigo de tenis, IX Memorial Antonio Santorio dispútase dende hoxe luns e ata o domingo 2 no complexo deportivo municipal de Samil para categorías de benxamín a veterán. O "campionato afeccionado máis antigo de España", segundo explicou o alcalde da cidade, Abel Caballero, contará con máis de 300 participantes e aínda ten aberta a inscrición para os cadros de dobres, polo que haberá máis dos 200 partidos xa previstos.
xoves, 9 ago 2018
O goberno dirixido por Caballero resolveu a convocatoria de axudas á promoción da igualdade a través do deporte feminino, da que resultaron beneficiarios 66 clubs correspondentes a 33 modalidades deportivas. Con este programa, o Concello apoia a participación das nenas e mulleres na competición deportiva.
mércores, 8 ago 2018
O evento, con máis de 700 participantes, partirá de Vigo o sábado e ata o martes e pasará por Combarro, A Pobra e Sanxenxo.
martes, 7 ago 2018
O alcalde de Vigo acudiu este martes á presentación do LXXVIII Torneo Internacional de Tenis del Club de Campo, que desde o vindeiro sábado reunirá ás raquetas máis prometedoras do panorama internacional. Abel Caballero gabou o campionato por ser o segundo máis lonxevo de España -dispútase de xeito ininterrompida desde 1940- e sinalou que "o tenis transmite os mellores valores do deporte".
venres, 3 ago 2018
O alcalde, Abel Caballero, desprazouse ata o areal vigués polo inicio da competición de crossfit máis importante de España e con máis participación das que se organizan en Europa, 750 atletas chegados de seis países. A cita, ata este domingo, con cinco categorías (Intro, Prol, RX e Elite, ademais da Máster), unha máis que en 2017.
xoves, 2 ago 2018
O evento, que Concello e Deputación patrocinan con 400.000 euros, celébrase do 10 ao 12 de agosto. Caballero destacou que este tipo de iniciativas conxuntas entre administracións públicas e empresas privadas "supoñen unha nova forma de entender Vigo.
martes, 31 xul 2018
Presentada este martes, a proba celébrase no Vao este domingo, cunha distancia popular de media milla náutica (926 metros) e os 2,5 quilómetros do Trofeo de Augas Abertas. A inscrición péchase este mércores. O alcalde chamou á participación e subliñou a "consolidación e tradición" dunha proba que conta corenta edicións.
venres, 27 xul 2018
O proxecto presenta un orzamento próximo ao millón e medio de euros para remodelar os espazos deportivos baixo a bancada de Río, no estadio de Balaídos, onde Concello e Deputación levan investido 13 millóns de euros, segundo explicou este venres Abel Caballero.