Escoitar

O goberno de Vigo proxecta unha nova Praza Elíptica con contido cultural

O alcalde informou en rolda de prensa do proxecto de humanización da Praza Francisco Fernández del Riego que terá un investimento de 2.312.000 euros e un prazo de execución de 12 meses co fin de que sirva como novo ámbito cidadá.

xoves, 22 abr 2021

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de humanización da praza que contempla a instalación de dúas pérgolas que acollerán áreas de descanso con zonas verdes e que terán 100 paneis solares para dotar de enerxía ás instalacións proxectadas e á iluminación do espazo. Amais, ampliarase a superficie peonil en máis dun 30%, instalarase novo mobiliario urbano, renovarase o pavimento, as redes de saneamento e abastecemento de agua, luz, electricidade, comunicacións e gas.

Abel Caballero explicou que “buscamos converter a Praza Elíptica nun nexo de unión entre o Castro, a Gran Vía, a zona de Venezuela e a parte baixa de Vigo e queremos darlle contido cultural”, de xeito que sexa un novo ámbito cidadá que permita acoller concertos ao aire libre como ocorre noutros espazos abertos da cidade.

Grada de Marcador

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á contratación do servizo de asistencia técnica á dirección municipal de obra para o control e seguimento da execución das obras da nova grada de Marcador, en Balaídos, que ten un orzamento de 302.000 euros, para un importe total de 15,5 millóns da obra. O rexedor explicou que a asistencia técnica é precisa “dada a magnitude e complexidade do traballo” e detallou as funcións de revisión da execución do proxecto aprobado, a emisión de informes sobre a dimensión da estrutura, o cumprimento da normativa...

O Concello investiu 6,2 millóns na Grada de Río, 5,6 millóns en Tribuna e agora 15,5 millóns en Marcador, financiado coa Deputación de Pontevedra, salientou Caballero, “un moi bo investimento, non vou escatimar diñeiro para o campo do Celta de Vigo, para o Estadio de Balaídos”.

Outras humanizacións

Quedou aprobada a contratación das obras de humanización da rúa dos Curros (Lavadores) cun orzamento de 82.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. Entre as actuacións está a construción dunha beirarría na marxe esquerda, canalizacións de pluviais, nova instalación para iluminación exterior e un muro de contención entre os números 95 e 101.

Tamén en Lavadores, quedou aprobada a contratación das obras de humanización da rúa das Fontáns cun presupostode 58.000 euros e un prazo de execución de 2 meses nos que se construirá beirarrúa na marxe dereita, canalizacións de pluviais e nova iluminación exterior.

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á aprobación do proyecto de mellora e acondicionamiento da contorna do torreiro de Santo André de Valadares (O Adro) “unha nova zona e unha nova praza”, en palabras do alcalde que explicou que conta cun orzamento de 238.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. As obras inclúen o desmonte dos aseos, demolición da estrutura metálica e de formigón do palco, nova cimentación e base para o palco, canalizacións de pluviais, renovación dos pavimentos, varandas de protección, novos baños e novos acabados no local existente. Amais, a renovación da contorna con novo alumeado e mobiliario urbano: marquesiña, bancos, papeleiras, farois...

 

Descargar todas as imaxes