O goberno local arranca un repintado masivo de 50 rúas para mellorar a seguridade viaria
O Concello acometerá un plan masivo de repintado de rúas por toda a cidade que afectará a 50 viais. O desgaste sufrido co paso do tempo motiva que se reforcen pasos de peóns, sinais ou símbolos pouco visibles para gañar en seguridade viaria.
O Concello repintará este ano máis de 50 rúas tan pronto como mellore o tempo e diminúa a previsión de choivas. Tal e como explicou o alcalde en rolda de prensa, utilizarase pintura de dous compoñentes, reforzada fundamentalmente para pasos de peóns, símbolos e frechas, que ten máis durabilidade xa que en moitas zonas písanse moito as liñas e bórranse antes, como é o caso da redonda do Barco de Coia. Con este material conséguese ademais interromper o tráfico menos tempo para traballos de repintado. A intención do Concello é comezar este repintado no entorno de Povisa, entre as rúas Zamora, Barcelona, Zaragoza e transversais.
Listado de rúas: Alfonso XIII, Areal. Areeiro, Baiona, Buenos Aires, Cabalaria, Cantabria, Carballal (Candeán), Doctor Carracido, Avda Castelao, Cervantes, Colón, Ecuador, Ernesto Lecuona, Faisán, Filipinas, Fragoselo, Freixo (Monte Alba), Gaiteiro Ricardo Portela, Gándara, García Barbón, Goleta; eixo Gran Vía – Praza Independencia (entorno Povisa), Gregorio Espino, Hermide, Julián Estévez, Labagunda, Lameiro, Avenida Madrid (laterais), Subida á Madroa (Candeán), Subida á Madroa (Teis), Manuel Costas, Marina Española, México, entorno da Miñoca, Moledo. Nigrán, Pablo Iglesias, Policarpo Sanz, Pontevedra, Puerto Rico, República Argentina, aparcamentos de Samil, San Cristobo, Torrecedeira, Tranvía, Travesía de Vigo e Urzáiz.