xoves, 20 set 2018
O goberno vigués aprobou interpoñer un contencioso administrativo contra a resolución autonómica que denega a aplicación da Lei 3/2016 para construír o polideportivo de Matamá, pois considera que o Concello ten lexitimidade para promovelo.
luns, 17 set 2018
O alcalde presentou a terceira edición do Memorial Paco Araújo, que se xogará entre o Celta Zorka (Liga Feminina 2) e o Embutidos Pajariel de Bembibre (Liga Día), con entrada de balde, este sábado 22 ás 19:30 horas no Multiusos de Navia. Abel Caballero asegurou o apoio municipal "polo que significa de homenaxe a unha persoa tan importante como Paco e que deixou tantos amigos", explicou.
xoves, 13 set 2018
O goberno local ten en marcha nestes momentos a construción de 4 novos pavillóns deportivos: Quirós, Romil e dous baixo a grada de Río de Balaídos. Ademais, tamén conta con proxecto e partida orzamentaria- 3 millóns- para o de Matamá, paralizado pola Xunta de Galicia.
martes, 11 set 2018
Na súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou a "capacidade de xerar deporte e de superarnos" que ten o evento
martes, 4 set 2018
Abel Caballero participou este martes na presentación oficial de Iberconsa como novo patrocinador principal do AMFIV, o club vigués de baloncesto en cadeira de rodas, onde eloxiou á entidade deportiva e tamén a entrada da empresa neste proxecto de deporte e integración.
martes, 4 set 2018
A exposición manterase en Príncipe, diante do Museo Marco como o ano pasado, ata o día 14 e o sábado 15 trasladarase ao complexo municipal das Travesas, coliseo que acollerá a terceira edición do Memorial Quino Salvo entre o Morabanc Andorra e o Oporto (20:00 horas).
luns, 3 set 2018
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe luns que o Memorial Quino Salvo, que volve por terceiro verán consecutivo, será "un dos acontecementos que abrirán a tempada 18/19 do deporte vigués" o vindeiro día 15. O partido Morabanc Andorra-FC Porto (sábado 15, As Travesas, 20:00 horas) será o punto final dun día cargado de actividades, segundo anunciou a organización.
venres, 31 ago 2018
O alcalde recibiu no seu despacho ao deportista, que estivo acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do Remo Vigo, Manuel Rodríguez, e pola presidenta de Amigos do Remo, Celia Cabrera.
mércores, 29 ago 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe no Concello aos tres internacionais vinculados a Vigo por nacemento ou por pertencer a un club local que acaban de disputar os Campionatos do Mundo de baloncesto en cadeira de rodas coa selección española e coa australiana.
mércores, 22 ago 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que 400 ciclistas vanse dar cita este sábado e domingo (25 e 26) no Areal, Porta do Sol, Praza do Bicentenario e monte do Castro na cuadraxésimo quinta edición do Gran Premio Cidade de Vigo de ciclismo, no que competirán equipos de Galicia, Asturias, Castela-León e, moi probablemente, Portugal.