Vigo acollerá unha nova edición do World Pádel Tour con máis de 300 deportistas
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a adxudicación do contrato de patrocinio publicitario para a celebración Open Vigo de Pádel- World Pádel Tour que se celebra na cidade entre o 9 e o 16 de maio e ao que Concello e Deputación dedican 110.000 euros.

O alcalde cualificou este evento deportivo “da maior importancia” dada a participación de máis de 300 deportistas do máis alto nivel internacional, con elevada participación feminina que acudirán a Vigo a disputar o trofeo.
Segundo explicou, as fases iniciais do campionato terán lugar en Navia e as seguintes desenvólvense nas Travesas en dous pavillóns ao mesmo tempo. Caballero apuntou que a cita “xa está arraigada en Vigo, con grande atención das miles persoas que practican este deporte na cidade e que nós queremos seguir potenciando”.