Escoitar

A cidade conmemora o centenario da morte de Pacewicz cunha exposición da súa obra na cidade

O goberno local e o Colexio de Arquitectos de Galicia asinarán un convenio para cooperar na organización dunha “gran” exposición recordando ao arquitecto Miguel Pacewicz cando se cumpren cen anos do seu falecemento. Edificios como o Moderno, a Escola de Artes e Oficios ou a Casa Yañez son algúns dos seus emblemas na cidade.

venres, 7 mai 2021

O Concello de Vigo e a delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia cooperarán na organización dunha “gran” exposición sobre a figura do arquitecto Miguel Pacewicz con motivo do centenario da súa morte. A mostra, que se instalará na rúa Príncipe ten por obxectivo promover e divulgar o legado dun “dos grandes arquitectos de Europa” que deixou unha importante pegada na cidade. O Concello achegará 14.000 para lembrar a figura dun profesional que desenvolveu en Vigo gran parte da súa carreira deixando obras tan emblemáticas como o edifico o Moderno, a Escola Municipal de Artes e Oficios, a Casa Yañez, as Casas de Oya ou a Casa Rosendo, entre outros moitos. O alcalde destacou o estilo de Pacewicz que "arraigou na cidade coa beleza das súas fachadas e a funcionalidade dos seus deseños".