xoves, 5 dec 2019
O Concello de Vigo acolleu este xoves a presentación do XXVIII Campionato de España de Dominó por Parellas que se celebrará durante o venres e o sábado no Hotel Bahía. O concelleiro de Cultura, Abel Losada, deu a benvida ás máis de 300 parellas participantes participantes e convidounos a desfrutar de cidade e da oferta cultura e de ocio nestas datas de Nadal. No acto tamén participaron o presidente da Federación Española de Dominó, Faustino Alegría, e o da Federación Galega, Manuel Seonae.
mércores, 20 nov 2019
O concelleiro de Deportes presentou a San Silvestre 2019, acompañado por representantes das empresas patrocinadoras e de tres deportistas que ademais son habituais da última cita atlética do ano. Así, o 31 de decembro, ás cinco da tarde, miles de corredores sairán de Policarpo Sanz, á altura de Velázquez Moreno, a nova ubicación para un evento considerado como unha festa para todas as idades.
venres, 15 nov 2019
O alcalde deu conta esta mañá da subvención de 224.000 euros a 15 entidades deportivas, sociais e educativas a conta da cesión gratuíta de espazos para que poidan desenvolver as súas actividades deportivas. As entidades beneficiarias son: Down Vigo, Vigo Deporte Base, Asociación Alborada, Doa Saúde Mental, Fundación Menela, Fundación Igual Arte, Tamiar Apamp, os IES Santa Irene, Santo Tomé, A Guía e Teis, o CEIP Altamar, Asociación Galega San Francisco e as Federacións Galegas de Taekwondo e de Tenis.
xoves, 14 nov 2019
O Memorial Belarmino Alonso de cros federado vaise disputar de novo o derradeiro domingo de novembro (día 24, 10:15 horas) en Molinos (Comesaña) co patrocinio do Concello de Vigo e a organización habitual do Comesaña Sporting Club.
martes, 12 nov 2019
A Media Maratón de Vigo disputarase este domingo con nova organización (Diesemm) e un percorrido lineal dende O Vao (rúa Canido, fronte ao campo do Coruxo FC) ata Sanjurjo Badía e rematando en Montero Ríos, á altura do Real Club Náutico de Vigo.
mércores, 23 out 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aplaudiu o espírito transfronteirizo e colaborador da Semana do Atlántico Cidade de Vigo, un dos grandes eventos de vela lixeira da península ibérica, e ofreceu todo o seu apoio ao Real Club Náutico de Vigo, organizador da parte galega da serie de regatas en Vigo e Viana do Castelo.
martes, 22 out 2019
O programa municipal de cros escolar 2019 entra na súa recta final. O XXIV Cross Escolar Castro San Miguel vaise disputar este domingo, coma sempre, no parque municipal de Castrelos (10:00 horas).
luns, 21 out 2019
A cita foi presentada este luns no Concello, coa participación de Nuria Martí e Alberto Campos pola organización. A sétima edición desta carreira solidaria partirá este domingo, 27 de outubro, ás 11h desde a alameda de Bouzas, en beneficio da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo) e co obxectivo de acadar os 2.000 participantes.
venres, 11 out 2019
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación de Pontevedra enxalzan a cooperación interinstitucional como "nova forma de entender a acción política, neste caso deportiva, desde o entendemento". Participarán no DepoDesafío Tríatlon 320 persoas e no Acuatlón, unha das actividades centrais do programa, medio centenar de nenas e nenos<br />
xoves, 10 out 2019
A Supercopa de España de judo para categoría cadete, este sábado (9:30 horas) na súa sede habitual do Multiusos de Navia, batirá tódolos récords de participación na competición para rapaces e repazas de 14 a 16 anos, segundo anunciaron hoxe, en rolda de prensa, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.