mércores, 21 ago 2019
Abel Caballero recibiu este mércores na Alcaldía ao presidente do Coruxo, Gustavo Falque, co que abordou a planificación das infraestruturas deportivas de cara á nova tempada. En particular, o alcalde vigués referiuse ao novo céspede e á nova iluminación do estadio do Vao e tamén ao cambio do verde do campo de Fragoselo.
mércores, 14 ago 2019
O goberno de Vigo reformou este recinto por case 300.000 euros, como parte dun convenio de mellora das instalacións deportivas municipais subscrito coa Deputación. Por 9,2 millóns, os gobernos presididos por Abel Caballero e Carmela Silva actúan en once campos de fútbol, constrúen os novos pavillóns de Romil e Quirós, e remodelan os da bancada de Río, en Balaídos.
luns, 12 ago 2019
O alcalde presentou este luns o torneo de tenis afeccionado máis antigo de España. A competición será do 19 de agosto ao 1 de setembro nas pistas do complexo deportivo municipal de Samil.
venres, 9 ago 2019
Recibidos no Concello este venres, o alcalde felicitou a Ania Setién, Jacobo Fernández, Laura Vázquez e Vicky Alonso polos seus recentes éxitos en badminton, judo e baloncesto en cadeira de rodas. <br />
mércores, 7 ago 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe as accións previstas por mor da cuarta edición do Memorial Quino Salvo de baloncesto, que culminará co partido amigable do 10 de setembro entre o Obradoiro de Santiago e o Alba Berlín no Pavillón Central das Travesas (20:30 horas).
martes, 6 ago 2019
O rexedor informou hoxe da evolución das obras que se están acometendo nos terreos de xogo de Valadares, A Bouza e Bouzas e do inicio das obras no da Guía ou en Fragoselo, que se sumarán ás que veñen de finalizar en San Miguel de Oia, Matamá, Navia, Meixoeiro ou Candeán.
martes, 30 xul 2019
A Vigo Battle of Teams, a quinta edición dunha competición de crossfit que abrangue participantes de seis países (España, Francia, Bélxica, Alemaña, Italia e Portugal) celebrarase esta fin de semana no complexo deportivo municipal de Samil, de venres a domingo, co patrocinio do Concello de Vigo, segundo anunciou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
martes, 23 xul 2019
O alcalde de Vigo agradeceu ao Club de Remo Coruxo, representado polo seu novo presidente, Fernando Álvarez, o esforzo organizativo que supón por en marcha a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se vai celebrar este domingo día 28 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal.
luns, 22 xul 2019
A triatleta viguesa comezou a andadura gañando nas series mundiais en Montreal e aspira a chegar aos xogos paralímpicos "nas mellores condicións para pelexar por todo". Xunto a Rodríguez Gacio e aos responsables de Delikia, patrocinador da deportista, o alcalde indicou que en Vigo "estamos moi orgullosos de Susana", unha "referencia importante" tanto polos "logros" conseguidos como polas "aspiracións e obxectivos" que se propón.
mércores, 17 xul 2019
Abel Caballero recibiu este mércores a Iván Alonso despois de que o deportista vigués se proclamase subcampión de España de piragüismo no campeonato de inverno. O alcalde desexoulle moita sorte no Europeo que disputará en vindeiras datas en Francia.