O alcalde clausura o campamento de deporte das Travesas
O segundo campus deportivo municipal de Vigo puxo punto e final ás actividades desenvolvidas ao longo desta semana coa visita de Abel Caballero, que agasallou ao centenar de nenas e nenos participantes cunha medalla para lembrar o seu paso pola actividade. O rexedor celebrou o éxito desta nova edición no Pavillón das Travesas, agradecendo o traballo do persoal municipal. A vindeira semana, en Samil, celébrase o último dos tres campus polideportivos municipais previstos para este verán.




