Escoitar

O Concello ofertou este ano 3.478 prazas de campamentos, 1.110 máis que en 2021

Os campamentos urbanos están a funcionar “satisfactoriamente” tal e como puido comprobar esta mañá o rexedor durante unha visita a Alcabre, onde hai 50 nenos e nenas compartindo actividades na Asociación de Veciños. Este ano o Concello ofertou 3.478 prazas, 1.110 máis que en 2021.

xoves, 7 xul 2022

Abel Caballero visitou esta mañá o campamento que o Concello organiza na Asociación de Veciños de Alcabre no que están inscritos 50 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Tal e como lembrou, este ano ofertáronse 3.478 prazas, o que supón 1.110 que no ano 2021, e nestes momentos estase a valorar se a demanda crece por si fora preciso aumentar o número de vacantes de cara o ano que vén. A este respecto, Caballero afeou á Xunta as escasas actividades que organiza na cidade, en comparación ás que facilita o Concello.

En rolda de prensa, explicou que esta mesma mañá volveu ao aeroporto para despedir a 70 novos becados dentro do programa de inmersión lingüística e comparou os máis de 2.500 estudantes que van viaxar este ano da man do Concello coa ausencia total de prazas ofertadas desde a administración autonómica. Rematou engadindo que o ano próximo tamén se convocarán bolsas de francéss.

O orzamento municipal para a posta en marcha deste programa de conciliación familiar é de 335.000 euros, 108.900 máis que en 2021.

Descargar todas as imaxes