Escoitar

Abel Caballero participou no V Encuentro de Economía Senior

Caballero participou xunto ás conselleiras de Asturias, Madrid e Murcia na mesa redonda que leva o título de “Novas políticas sociais para unha nova época”, moderada polo xornalista Manuel Campo Vidal, presidente de Next Educación e condutor do encontro.

mércores, 6 xul 2022
O alcalde participou no V Encontro de Economía Senior de xeito virtual
O alcalde participou no V Encontro de Economía Senior de xeito virtual

Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), achegou a súa visión en relación co despoboamento. Durante o encontro, Caballero asegurou a Manuel Campo Vidal que “o problema do abandono do mundo rural require de mobilización de recursos –como as novas infraestruturas de telecomunicacións ou redes de comunicación– e servizos, como a Educación, a Saúde e os Coidados, para atraer á xente nova”.


Ademais, Abel Caballero defende que están a traballar en conseguir que persoas con maior flexibilidade laboral dividan a súa semana entre o pobo e a cidade, de tal maneira que poidan vivir e traballar en zonas máis deshabitadas, e destinar a cidade para o lecer. “Isto, seguramente, vai ser a solución dos pequenos municipios”.


En canto ao reto do envellecemento, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP pon o foco na natalidade: “Temos que facer políticas en favor da natalidade, políticas de conciliación. Debemos ofrecer recursos a determinadas familias para que teñan a posibilidade de sacar aos seus fillos adiante. Son políticas a longo prazo, que se empezan a aplicar agora, pero que o noso goberno abandonou hai moito tempo e, por tanto, o resultado é o que estamos a vivir agora”.


Igualmente, destaca que “o concepto de idade está a cambiar de maneira moi notable e os políticos temos que dar solucións aos novos seniors. Non podemos, por exemplo, mandar á xubilación a un médico de 65 anos que ten unha inmensa capacidade profesional e que sente frustrado cando lle obrigan a deixar o seu posto de traballo”. Pero, segundo Abel Caballero, isto non significa que os maiores poidan usurpar postos de traballo aos mozos: “A teoría non é ‘hai que abrir sitio aos mozos’, senón que se debe manter aos profesionais que sexan capaces e abrir sitio igualmente para os mozos”.

Descargar todas as imaxes