Escoitar

O Concello promoverá a construción de 35 vivendas protexidas en Esturáns e San Roque

O Concello venderá parcelas municipais en Esturáns e San Roque para xerar vivenda de prezo taxado. Concretamente, serán 35 inmobles os que se construirán, todos eles suxeitos a algún tipo de réxime de protección.

martes, 5 xul 2022

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá iniciouse o expediente para a venda de dúas parcelas municipais, unha en Esturáns e outra, en San Roque, co obxectivo de construír vivenda sometida a algún tipo de réxime de protección. Deste xeito, o Concello promoverá a construción de 35 vivendas protexidas, case tantas como fixo a Xunta nos últimos quince anos na cidade, dixo o rexedor, destacando que a administración autonómica é a que ten as competencias.

A parcela de Esturáns, situada na parte de atrás de Barreras, ten 693,75 m2, cunha edificabilidade de 2.574 m2 para elevar 25 vivendas aproximadamente. No ámbito de San Roque, son 10 os inmobles previstos nunha parcela que ten acceso por Vázquez Varela e que mide 264 m², cunha edificabilidade de 1.000 m² .

A venda será por lotes mediante concurso público, con procedemento aberto, tal e como concluíu Caballero.

 

Descargar todas as imaxes