Escoitar

A cidade verá reforzada a mobilidade sostible durante a celebración de O Marisquiño

O alcalde anunciou que haberá reforzos nas liñas de Vitrasa, en especial as que unen os distintos escenarios de O Marisquiño, e un carril bici exclusivo na Avenida de Europa.

venres, 8 xul 2022
Arquivo: o alcalde e a presidenta da Deputación de Pontevedra na presentación do descenso urbano do festival O Marisquiño
Arquivo: o alcalde e a presidenta da Deputación de Pontevedra na presentación do descenso urbano do festival O Marisquiño

Vigo aposta por reforzar a mobilidade sostible e aparcar o vehículo privado durante a celebración do festival O Marisquiño. Abel Caballero vén de anunciar que os días 12, 13 e 14 de agosto haberá un reforzo no Vitrasa e un carril bici exclusivo na Avenida de Europa.

O alcalde lembrou que O Marisquiño estará tamén este ano en Samil e Vialia, coas competicións de skate e basket 3x3 respectivamente, e polo tanto “haberá unha gran demanda de mobilidade entre estas ubicacións e diferentes partes da cidade”.

Deste xeito, Vitrasa disporá de eventuais reforzos en función da demanda que controlarán en tempo real medido por operadores e inspectores da compañía. O goberno local, “consciente de que moitas das persoas espectadoras do festival móvense en bicicleta, skate ou patinetes, creará un carril para estes vehículos de mobilidade persoal na Avenida de Europa para facilitar os desprazamentos entre Castelao e Samil.

Descargar todas as imaxes