Escoitar

O futevolei incrementa esta fin de semana a oferta deportiva do verán en Samil coa Liga Nacional

A Samil chegarán un total de 61 parellas de todo o país, pero tamén de Grecia, Francia, Italia e Brasil, que están a competir no circuíto español.

venres, 8 xul 2022
Presentación do Campionato Nacional de Futvolei en Vigo
Presentación do Campionato Nacional de Futvolei en Vigo

A Liga Nacional de Futevolei fai parada en Vigo esta fin de semana. Por terceira oportunidade (as anteriores ocasións, en 2018 e 2019), os mellores especialistas competirán en Samil, nas instalacións de “Vigoarea”.

“Van competir nun entorno extraordinario”, celebrou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que estivo acompañado na presentación do evento polo presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez, e por Breno López, tamén membro da xunta directiva e un dos principais valores desta modalidade en Vigo.

A Samil chegarán un total de 61 parellas de todo o país, pero tamén de Grecia, Francia, Italia e Brasil, que están a competir no circuíto español.

“Vai haber un nivel altísimo”, sinalou Martínez que espera que os xogadores e xogadoras do club vigués acaden algunha praza nos podios Ouro, Prata e Bronce, as divisións do campionato, como nas dúas probas anteriores en Tenerife e Alicante.

A competición arrincará os dous días ás 9:30 horas, coas finais o domingo dende as 17:30 horas. O domingo pola mañá haberá tamén un torneo de categorías de formación (20 parellas de 9 a 14 anos) pois “a afección a este deporte está a crecer”.

Descargar todas as imaxes