Escoitar

O rexedor recibe ao Club Freestyle Slalom Vigo

Unha representación da entidade visitou este luns as instalacións do Concello, onde foron recibidos por Abel Caballero, quen se interesou polo desenvolvemento da súa práctica deportiva que inclúe diferentes modalidades da patinaxe en liña. Amais, amosáronlle ao rexedor os galardóns acadados nas últimas competicións, con medallas en campionatos mundiais, europeos e españois.

luns, 11 xul 2022
Abel Caballero e o concelleiro de Deportes cunha representación do CFSV
Abel Caballero e o concelleiro de Deportes cunha representación do CFSV
Abel Caballero e o concelleiro de Deportes cunha representación do CFSV
Descargar todas as imaxes