As Travesas acolle o Máster Nacional sub13 e sub17 "Cidade de Vigo" de bádminton

venres, 20 xan 2023

O alcalde participou este venres na presentación en rolda de prensa do evento, que se celebra este sábado e domingo na pista vermella do Pavillón Municipal das Travesas, coa presenza de 31 clubs de toda España, máis de cen xogadores e 16 títulos en xogo. En presenza de Jesús Gómez, presidente do Club Escola Rosalía, e de Xosé Luís Vila Piñeiro, presidente da Federación Galega, Caballero comprometeu o apoio municipal aos equipos de bádminton da cidade, onde o “deporte vai ocupando cada vez máis parcelas”.

Abel Caballero saúda aos participantes do campus deportivo "Xogos de Reis"

mércores, 4 xan 2023

O alcalde clausurou o campus deportivo "Xogos de Reis" que se celebrou nos últimos tres días no pavillón de As Travesas. Máis de 120 nenos e nenas participaron no campus cunha gran variedade deportiva: balonmano, baloncesto, ciclismo, fútbol sala e voleibol, entre outros. Caballero lembrou que a actividade é de balde, que pretende fomentar a actividade física na mocidade e axudar nestas datas á conciliación familiar.