Escoitar

O RunRunVigo celebra a súa décimo cuarta edición neste ano 2023 con 12 carreiras

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o programa municipal do circuíto de carreiras de atletismo para este ano coa previsión de que comecen en xaneiro coa Subida ao Castro.

martes, 10 xan 2023
O alcalde na saída da carreira Érguete e corre en decembro de 2022
O alcalde na saída da carreira Érguete e corre en decembro de 2022

O alcalde informou na rolda de prensa deste martes da aprobación do RunRunVigo 2023 que cualificou como unha “actividade moi importante para fomentar o deporte entre a sociedade viguesa”.

Tal e como explicou Caballero, o tradicional evento deportivo na cidade cumpre este ano a décimo cuarta edición “con miles e miles e miles de participantes” e estará formado por 12 probas ao longo de todo o ano. As datas de celebración están aínda por determinar pero, en todo caso, serían cronoloxicamente como seguen: Subida ao Castro, Carreira do Calvario, Carreira popular 10k de Teis, Media maratón Vig Bay, Carreira praia Samil, Carrera da cereixa, Carreira nocturna correndo por Vigo, Carreira nocturna San Xoán, Vigo contra o cancro, Media maratón de Vigo, Vigo +11 e a carreIra solidaria Érguete e corre no mes de decembro, pechando o circuíto.

Descargar todas as imaxes