A antiga Casa de Labradores xa é patrimonio público municipal
A Xerencia de Urbanismo aprobará este martes a adquisición do inmoble situado na Avenida de Ramón Nieto 58 por un importe de 177.000 euros. Abel Caballero avanzou en rolda de prensa que será unha dotación para asociacións culturais, sociais e lugar de encontro para as persoas de Lavadores.
Vigo sumará a antiga Casa de Labradores ao patrimonio público municipal. A Xerencia de Urbanismo aprobará este martes a adquisición do inmoble por un importe de 177.000 euros. É un edificio histórico de tres plantas con 600 metros cadrados de superficie. Abel Caballero anunciou que será unha dotación para asociacións culturais, sociais e lugar de encontro para as persoas de Lavadores.
Situado en Ramón Nieto 58, é propiedade da Cooperativa do Campo de Santa Cristina. Segundo explicou o alcalde, “ten unha tradición sindical dos cultivadores, de defensa dos traballadores e a súa coordinación a través das reunións que celebraban”.
O edificio é unha obra de Manuel Gómez Román, figura do racionalismo e da arquitectura da cidade de mediados do século XX.