Escoitar

O alcalde define o HALO como “unha obra de arte” que contará con iluminación nocturna

O alcalde deu conta esta mañá do avance das obras do HALO explicando que nestes momentos estase a executar a cimentación da torre principal de formigón que terá unha altura aproximada de 40 metros desde a rúa Serafín Avendaño. O proxecto prevé a instalación de iluminación nocturna con dous aeroxeneradores que proporcionarán ao conxunto da obra enerxía limpa todo o ano.

luns, 9 xan 2023

Catro meses despois do inicio das obras do ascensor, xa se observan avances significativos. Os traballos preparatorios dos primeiros tres meses consistiron, entre outras cousas, en executar máis de 2,5 quilómetros de micropilontes para as cimentacións que soportarán, tanto os apeos provisionais, como o muro da autoestrada e as pilas finais. Foi preciso mover 2.000 m3 de terra e concluíuse o izado dos 7 soportes que sosterán a estrutura final do HALO ata que se se poidan retirar. Estes 7 apeos teñen alturas que varían desde os 13 ata os 25 metros (aproximadamente como un edificio de 8 plantas).

Tal e como explicou, nestes momentos os traballos están centrados na cimentación da torre principal, de formigón, que terá una altura de 40 metros aproximadamente. Coa estrutura metálica que a vai coroar, alcanzarase unha altura equivalente a un edificio de 15 pisos.

Unha vez rematada, detallou, transportes especiais portarán as pezas que conformarán o anel do Halo en 9 seccións con lonxitudes variables de entre 15 e 25 m, e pesos de entre 40 e 150 toneladas. Para o izado destas pezas, contarase cunha grúa cunha capacidade de izado vertical de 500 toneladas que conta cun contrapeso de 250 toneladas e que permitirá levantar as 150 toneladas da peza máis pesada. Esa mesma grúa permitirá a montaxe das 9 seccións da estrutura do HALO.

Unha vez montada a estrutura, chegará o momento de revestila cos materiais finais, Solid Surface e vidro serigrafiado en branco. Estes traballos, dixo, tamén supoñen un gran reto debido ao gran tamaño e peso de las piezas, de ata 1 tonelada.

Caballero rematou explicando que o ascensor “vai ser unha obra de arte”, na que iluminación nocturna tamén terá función estética, uniforme e controlable en canto a intensidade. O proxecto completarase con dúas cabinas de ascensores con capacidade para 17 persoas cun interior en consonancia co resto da obra.

 

Descargar todas as imaxes