Abel Caballero visita unha empresa de colchóns con 105 anos de historia
O alcalde visitou esta mañá "Colchones Marco", unha empresa da cidade con 105 anos de historia. Caballero constatou a súa evolución cunha visita polas instalacións para coñecer o cambio na tecnoloxía para a mellora do produto. "Son enormes produtores cunha gran capacidade produtiva, facendo colchóns e pezas de calidade", declarou en rolda de prensa. Na empresa traballan 15 persoas que producen 100 colchóns ao día.



