Caballero louva a organización da Bikedada, referente no mundo do ciclismo

mércores, 5 feb 2025

O alcalde recibiu á organización da Bikedada, que se celebrará o 9 de febreiro. Caballero felicitou a Social Ciclismo Fan Manager, e aos colaboradores como o Club Ciclista Vigués, Club Ciclista de Teis e outros que forman parte do evento. “A Bikedada é unha das probas de bicicleta de montaña na súa modalidade social – deportiva máis importantes a nivel nacional”, declarou.

A XVI edición da "Run Run Vigo" consolida o circuíto de 12 probas

xoves, 16 xan 2025

O alcalde destacou hoxe, na presentación da XVI edición das carreiras populares “Run Run Vigo 2025” que o crecente arraigamento do programa municipal de atletismo constatouse o ano pasado ao bater o récord do número de probas. “As doce probas anuais fan que Run Run Vigo sexa un dos eventos de atletismo globais dun ano máis importantes dos que se fan en toda España”, afirmou o rexedor ao invitar a cidadanía a participar.