15.000 persoas participaron nas carreiras do circuíto municipal RunRun Vigo 2024
O Concello xa ten definidos os 152 quilómetros das 12 probas que van conformar o RunRun Vigo 2025, que arranca o próximo domingo coa Subida ao Castro. Esta tarde, entregaranse os galardóns das competicións de 2024 no Auditorio Municipal.

O Auditorio Municipal albergará este martes a Gala de Atletismo para entregar los premios ás competicións de 2024. Tal e como detallou Caballero, serán recoñecidos doce gañadores das probas do circuíto RunRun Vigo; oito vencedores das series municipais na pista de Balaídos; seis gañadores do cross escolar; 43 atletas que participaron en todas as carreiras populares municipais; o mellor club participativo, así como os campións da clasificación combinada.
Na súa intervención, lembrou que 15.000 persoas de todas as idades participaron o ano pasado neste circuíto e bateuse récord de probas.
Nas doce probas da XVI edición do RunRun Vigo 2025 os participantes percorrerán un total de 152 quilómetros.
Probas:
Subida ao Castro: 26 de xaneiro
Carrera de O Calvario 5+5: 16 de febreiro
Carrera popular 10k de Teis: 9 de marzo
Media maratón Gran Bahía Vig Bay: 6 de abril
Carrera Praia de Samil: maio
Carrera de la Cereixa: maio
Carrera nocturna correndo por Vigo: pendente de data
Carrera nocturna de San Xoán: 23 de xuño
Vigo contra el Cáncer: outubro
Media Maratón de Vigo: 16 de novembro
Vigo+11: por determinar
Carrera solidaria Érguete e Corre: 30 de novembro



