O Concello retoma o sábado os Bailes en Vigo na Asociación Monte da Mina en Castrelos
Rematado o Nadal, o goberno local xa ten programadas as seguintes catro citas de Bailes en Vigo. As sesións serán os sábados de 19,00 a 22,00 horas e a primeira delas está prevista o próximo domingo 26 na Asociación de Veciños de Monte da Mina de Castrelos.

Abel Caballero deu conta da continuidade dos Bailes de Vigo dentro da programación “Vigo, cidade amiga dos maiores”. A primeira das sesións, o sábado 25 de xaneiro, será na Asociación de Veciños de Monte da Mina de Castrelos. O obxectivo, dixo o alcalde, é seguir aumentando as alternativas de ocio e tempo libre, favorecer a socialización, ademais de fomentar un hábito saudable de “éxito incontestable”.
Financiados integramente polo Concello, os bailes son gratuítos e non se require inscrición previa.
As sesións serán os sábados de 19,00 a 22,00h:
Sábado, 25 de xaneiro, na Asociación de Veciños de Monte da Mina de Castrelos
Sábado, 8 de febreiro, no local da Sociedad Cultural Helios de Bembrive
Sábado, 22 de febreiro, no CRAC de Coruxo
Sábado, 8 de marzo, na Asociación de Veciños de Santa Mariña de Cabral