O goberno local aproba a convocatoria de 20 novas prazas de emprego público
A Xunta de Goberno aprobou as bases e a convocatoria da terceira fase da Oferta de Emprego Público 2020, 2021 e 2022 con 19 prazas de funcionario de carreira e 1 de persoal laboral.
Abel Caballero detallou as prazas de funcionario de carreira e persoal laboral que forman parte da terceira e última fase da OPE dos anos 2020, 2021 e 2022. Son 20 prazas, 19 para funcionarios de carreira e 1 de persoal laboral.
A Xunta de Goberno aprobou a convocatoria e as bases que posteriormente se publicará no Boletín Oficial da Provincia coa seguinte relación de prazas de emprego público:
Funcionario de carreira (19)
1 Analista informático
2 Economista
2 Enxeñeiro de caminos
2 Enxeñeiro industrial
1 Enxeñeiro de montes
1 Delineante
1 Enfermeiro
1 inspector control de concesionarias (promoción interna)
2 Programador informático
1 Técnico auxiliar de seguridade e mobilidade
1 Técnico de sistemas
3 Técnico medio de servizos económicos (2 libres e 1 promoción interna)
1 Técnico superior actividades culturais e educativas
Persoal laboral (1):
1 Capataz
Caballero destacou a importancia do emprego público e que o Concello de Vigo "está a buscar os mellores".
Urbanismo
A Xerencia de Urbanismo aprobará mañá de xeito definitivo o proxecto de compensación da Unión de Execución Industrial de San Andrés de Comesaña. O PERI aprobouse hai tempo e agora valídase o proxecto de compensación para determinar o destino final e o reparto e as características edificatorias de cada unha das parcelas. Así, dixo Caballero, “damos un paso máis no desenvolvemento industrial de San Andrés de Comesaña”.