Escoitar

Vigo mantén o recoñecemento de cinco sendeiros azuis neste 2025

Abel Caballero deu conta esta mañá de que a cidade volveu conseguir o recoñecemento dos cinco sendeiros azuis aos que aspiraba. O Concello solicitou tamén este recoñecemento medioambiental para trece areais.

venres, 17 xan 2025

A cidade xa ten confirmada a adxudicación dos cinco sendeiro azuis que solicitou: a ruta Entre faros - Illas Cíes, Camiño a Beiramar (Canido-Bouzas) - Senda de ribeira e litoral, Senda Litoral do Monte da Guía en Teis, a Vía Verde de Vigo e a Senda de ribeira do río Lagares.

Vigo opta a 18 galardóns, incluídas 13 candidaturas para os areais de O Mende, en Teis; O Adro, en Bouzas; A Punta, Carril; Santa Baia; A Fonte; Argazada; Samil; Fontaíña; O Vao; Canido; Fortiñón; Rodas, nas Illas Cíes. Na edición anterior, Vigo foi distinguida con 12 bandeiras e 5 sendeiros. Este ano, sinalou incorpórase a petición para o areal de O Mende.

Protección de incendios

A Xunta de Goberno contratou esta mañá por 385.000 euros os servizos de desbroce de parcelas de zonas forestais para o cumprimento da Lei contra incendios forestais. O obxectivo é desbrozar e retirar a madeira procedente das talas de obrigada execución de árbores pirófitas, así como a xestión e retirada dos restos vexetais para conservar e manter o solo nas condicións precisas que eviten os incendios.

Actuarase tanto nos terreos de titularidade municipal, como nas parcelas privadas nas que se acorde a actuación subsidiaria por ser de propietario descoñecido ou por incumprimento da obriga dos propietarios.

Descargar todas as imaxes