O goberno municipal investirá 1.145.000 euros en 14 obras no rural
Abel Caballero anunciou hoxe a contratación das obras de humanización de catorce rúas de dez parroquias do rural por 1.145.000 euros.
O alcalde explicou que as obras de humanización das 14 rúas, cuxa adxudicación se aprobará na Xunta de Goberno convocada para mañá venres, comezarán no primeiro trimestre deste ano e contarán cun prazo de execución de sete meses.
O Concello mellorará as pistas de rodadura, a área de aparcamento e as rúas, lembrou o rexedor: "catorce rúas no rural humanizadas no prazo de sete meses”.
Humanizacións
- Rúa Babio – Matamá
- Camiño Lagarella – Matamá
- Estrada Venda – Beade
- Estrada Gándara – Valadares
- Rúa Muíños – Comesaña
- Camiño San Lourenzo – Coruxo
- Senda Monte da Serra – Sárdoma
- Rúa Manuel Álvarez – Cabral
- Rúa Fontaíña – Cabral
- Rúa Riomao – Cabral
- Avenida Santa Mariña – Cabral
- Rúa Subride – Lavadores
- Camiño Sampaio de Abaixo – Sampaio
- Camiño Devesa – Candeán