O Concello aproba 73 axudas de emerxencia na primeira quincena de 2025
A comisión municipal de axudas de emerxencia aprobou nos 15 primeiros días de 2025 un total de 73 apoios por valor de 21.650 euros, segundo explicou este mércores o alcalde de Vigo.
Abel Caballero destacou hoxe que na comisión de axudas de emerxencia celebrada esta semana aprobáronse 68 solicitudes por valor de 20.583 euros. Alimentación, con 38 apoios e con 12.960 euros, concentra o volumen máis importante das axudas aprobadas, seguido de vivenda, con 20 axudas por 6.484 euros, "que evitaron 20 desafiuzamentos”, segundo afirmou o rexedor.
O alcalde destacou que o Concello destinará en 2025 máis de 1.500.000 euros ás axudas de emerxencia para persoas vulnerables. En 2024 destináronse 1.439.103 euros que beneficiaron a 11.823 persoas.