Escoitar

VigoCultura despregará ata o verán unha programación con 27 espectáculos no Auditorio Municipal

O alcalde, a primeira tenente de Alcaldía, e o concelleiro de Cultura, presentaron este venres na rúa do Príncipe a programación de VigoCultura, que se desenvolverá durante o primeiro semestre do ano. As entradas para asistir aos 27 espectáculos poderán adquirirse, a partir do luns 20 de xaneiro, na páxina web www.giglon.com, no despacho de billetes do Auditorio Municipal e na librería Libros para Soñar.

venres, 17 xan 2025

Abel Caballero explicou que dos 27 espectáculos progamados polo Concello no Auditorio Muncipal para o primeiro semestre de 2025 un total de 22 son galegos. “Esta é unha programación do Concello de Vigo que nos pon á altura das programacións culturais máis importantes máis importantes de España”. A oferta de VigoCultura está dedicada a todos os públicos, segundo lembrou o alcalde ao apuntar que conta cun amplo repertorio de espectáculos seleccionados para todas as idades.

Entre as actividades organizadas destaca a animación na rúa co espectáculo “Hexagonum” da compañía Troula, programada o venres 31 de xaneiro, que terá lugar desde as oito da tarde entre o Paseo de Alfonso e a rúa Príncipe. Acto seguido, o sábado 1 de febreiro, a partir das sete da tarde, a compañía Pista Catro despregará “O fantástico circo dos xigantes do Doctor Mezzo" coa que invadirá a rúa do Príncipe ata Porta do Sol.

Caballero afirmou que ata o de agora VigoCultura é a “crónica dun éxito non anunciado porque os dous semestres enchemos o Auditorio Municipal pola altísima calidade da programación e conta con prezos moi populares”.


Programa público adulto

  • Venres 7 de febreiro. 20 horas: "As guardiás o nó do tecelán". Teatro Ningures.
  • Xoves 8 de febreiro. 20. horas: "As guardiás o nó do tecelán". Teatro Ningures.
  • Venres 14 de febreiro. 20 horas: "#Influencers". Negro López-Estrea mundial.
  • Sábado 15 de febreiro. 20.horas: "Mulleres que viven soas#MQVS". Berrobambán
  • Venres 21 de febreiro. 20 horas:"Iribarne". Butaca Cero.
  • Sábado 22 de febreiro. 20 horas: "Iribarne". Butaca Cero.
  • Venres 28 de febrero. 20 horas: "NIK-EU". iXa. Estrea en Galicia
  • Sábado 1 de marzo. 20 horas. "O monólogo de David Perdomo". David Perdomo.
  • Venres 14 de marzo. 20.00 horas. "As R(h)umorosas". Etiqueta Negra Producciones
  • Sábado 15 de marzo. 20.00 horas: "Tribal". Oscar Báñez&Tribo.
  • Venres 21 de marzo. 20.00 horas: "Testosterona". Mala Sombra Producciones
  • Sábado 22 de marzo. 20.00 horas: "Casting lear". Barco Pirata
  • Venres 4 de abril. 20.00 horas: "As desterradas". Produccións Teatrais Excéntricas.
  • Sábado 5 de abril. 20.00 horas: "La violación de Lucrecia". Teatro Clásico de Sevilla.
  • Venres 11 de abri. 20.00 horas: "Reconversión". Ibuprofeno Teatro.
  • Sábado 12 de abril. 20.00 horas:"Reconversión". Ibuprofeno Teatro.
  • Venres 25 de abril. 20.00 horas: "É difícil fotografiar o baleiro". Colectivo D´'Elas
  • Sábado 26 de abril. 20.00 horas: "Sofá". Cía Martaalonsotejada. Día Internacional de la Danza e Día Internacional do Circo.
  • Venres 2 de maio. 20.00 horas: "Manuela Rey is in da house". Centro Dramático Galego. Teatro do Noroeste-Centro. Dramático de Viana. TEatro Nacionall Dona María II e Teatro Nacional de Sao Joao

Programa familiar

  • Domingo 9 de febreiro. 18.00 horas:"Castelao". Culturactiva
  • Domingo 16 de febreiro. 18.00 horas: "Madame Lumiére". La Menuda Produccións
  • Domingo 23 de febreiro. 18.00 horas: "La bruja rechinadientes". Katua&Gala Teatro.
  • Domingo 2 de marzo. 18.00 horas:"Molto Barroco". Píscore.
  • Domingo 6 de abril. 18.00 horas: "Nanai da China". Pérez&Fernández.
  • Domingo 13 de abril. 18.00 horas: "Rock'n'magic". Mago Teto
  • Domingo 27 de abril. 18.00 horas.: "Oh-Pera". Zirko Txosco. Día Mundial do Circo.

Espectáculos na rúa

  • Venres 31 de xaneiro. 20.00 horas: "Hexagonum". Troula: Paseo de Alfonso-Rúa do Príncipe
  • Sábado 1 de febreiro. 19.00 horas: "Mezzo. O fantástico circo de insectos xigantes do doctor Mezzo". Pista Catro. Rúa do Príncipe-Porta do Sol.

 

Descargar todas as imaxes

Máis información