Escoitar

O Pleno nomeará a Lola Galovart como Valedora da Cidadanía este mes de xaneiro

Abel Caballero defendeu a traxectoria profesional “absolutamente excepcional” de Lola Galovart, que será designada Valedora da Cidadanía no pleno deste mes de xaneiro. Na súa intervención, reclamou a BNG e PP que expliquen a súa negativa a este nomeamento porque “a cidade non a entende”.

luns, 20 xan 2025

O Pleno do mes de xaneiro nomeará a Lola Galovart como Valedor da Cidadanía, en substitución de Luís Espada que renunciou ao cargo por razóns persoais. Esta mañá, na comisión informativa previa o Pleno, a designación da maxistrada foi validada cos votos favorables dos concelleiros do goberno local, mentres que PP e BNG votaron en contra. Para o rexedor, estes grupos deberían dar unha explicación desta negativa tendo en conta que ten un currículo “absolutamente excepcional”. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago, maxistrada en Gran Canaria, Vigo, Ferrol, Ponteareas e Torrelavega; deputada no Congreso na XII lexislatura; vice valedora do Pobo en Galicia; asesora do Defensor do pobo; técnica de xestión da Seguridade Social e avogada en Vigo. Trátase, dixo dunha traxectoria “incuestionablemente boa”.

En opinión do Caballero, o voto en contra dos grupos da oposición porque lles lembra a pinza que fixeron no seu momento para apartar da Alcaldía a Ventura Pérez Mariño, marido de Lola Galovart. “Vigo non entende esta negativa”, concluíu o rexedor.

Descargar todas as imaxes