Escoitar

O goberno municipal dedica 40.000 euros á formación para o emprego

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a prórroga do contrato de servizos de formación dos programas municipais de emprego.

luns, 20 xan 2025
Paseo do Lagares
Paseo do Lagares

O alcalde sinalou que se trata de formar ás persoas en situación de desemprego co fin de que “poidan encontrar un traballo digno tendo coñecementos e formación”.

Con este obxectivo, o goberno municipal deu luz verde á prórroga por un ano do contrato de servizos de formación dos programas de emprego cun importe superior aos 40.000 euros.

Trátase de dous cursos formativos do ámbito técnico: Planificación e deseño de xardíns, paisaxismo e podas e Aplicador de produtos fito-sanitarios e biocidas; tratamento de restos e residuos forestais e vexetais, tratamento e erradicación de especies invasoras. Amais, dous cursos do ámbito social e novas tecnoloxías: Curso de igualdade de oportunidades e Curso de tramitación e administración dixital.

Voluntariado

O goberno local tamén prorrogou o servizo de asistencia técnica na oficina municipal de voluntariado cun importe de 50.300 euros. Abel Caballero explicou que se desenvolverán 10 xornadas informativas para o fomento do voluntariado. Amais o contrato inclúe formación presencia e online, con campañas para cursos en redes sociais.

Descargar todas as imaxes