A Liga de natación escolar Concello de Vigo reunirá 500 participantes de 33 colexios
Arredor de 500 nenos e nenas participarán na Liga de natación escolar que comeza este domingo na piscina municipal das Travesas. Serán tres xornadas competitivas para deportistas nacidos entre 2013 e 2019.
O domingo 26 de xaneiro arrancará a Liga de natación escolar Concello de Vigo, que este ano se desenvolverá tamén nas xornadas do 23 de marzo e do 11 de maio. Organizado polo Club Natación Rías Baixas co patrocinio do Concello, reunirá a 500 deportistas procedentes de 33 centros educativos distintos da cidade. Son competicións mixtas en dúas categorías: promesas (nacidos entre 2016 e 2019) e benxamíns (nacidos de 2013 a 2015).