O goberno local mellorará as instalacións do campo do Sárdoma F.C.

luns, 2 mai 2022

Así trasladoullo o alcalde á presidenta do Sárdoma F.C., Begoña Aldao, coa que mantivo unha xuntanza na Alcaldía. "Imos arranxar unha esquina do terreo que ten un pequeno desprendemento e non cimenta ben. Tamén melloraremos os vestiarios e poremos máis luz no entorno", declarou Abel Caballero ao término da reunión.

O alcalde ofrece “todo o apoio” á Federación para que Balaídos acolla a fase de ascenso á Segunda División do fútbol

venres, 29 abr 2022

Abel Caballero e unha representación da Real Federación Galega de Fútbol manteñen un encontro este venres para abordar a posibilidade de que o estadio municipal sexa unha das sedes da fase de ascenso da Primeira División RFEF á Segunda División do fútbol español na que participa o Celta B. “Queremos que se xoguen partidos desa competición, que a Federación conte con Balaídos”, sempre que sexa compatible co uso do estadio polo Celta.

O goberno local investiu 7 millóns de euros en renovar os terreos de xogo de 44 campos de fútbol

xoves, 21 abr 2022

O campo de fútbol de Santa Mariña de Cabral sumarase en breve aos corenta e tres terreos de xogo que o Concello renovou nos últimos anos, algúns deles en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Tal e como detallou o rexedor, o Concello actuou en 24 campos de fútbol municipais e 19 de titularidade privada cun orzamento de 7 millóns de euros.

Caballero di que o Campionato de España de Vaurien, esta Semana Santa, "pon a Vigo no lugar que lle corresponde"

martes, 12 abr 2022

O alcalde de Vigo desexou ao vigués Antonio Pérez, "Tone", vixente campión nacional da clase Vaurien, que reedite o título en Vigo esta Semana Santa. "Xa sei que vas gañar", lle dixo na presentación do 58 Campionato de España de Vaurien, evento programado para este mesmo xoves (do 14 ao 17) e que patrocina o Concello de Vigo como paso previo ao Campionato do Mundo de xullo, tamén en augas de Ría de Vigo e co Real Club Náutico como organizador.