Vigo Corre, o programa de cros escolar, comeza con sete probas e máis participación
O alcalde de Vigo animou á organización dos cros escolares ante o inicio da nova temporada 2025, que arrinca este domingo 23 de febreiro ás 10:30 horas no Colexio Monterrey.

Sete probas, ata xuño, disputaranse no presente curso escolar. A proba deste domingo no Colexio Monterrey xa ten asegurados máis de 350 participantes entre as carreiras por idades e as de nais e pais, cada vez máis participativas.
Vigo Corre inclúe neste 2025 carreiras en Bembrive (dúas), San Andrés de Comesaña, Coruxo, Beade e Castrelos, pois o fin de festa celebrarse cun gran cros escolar no parque de Castrelos o 8 de xuño -data pendente de confirmación-.
Como é habitual, tres clubs (Comesaña Sporting Club, Real Club Celta e AVA) apoian estas carreiras escolares xunto a centros escolares e asociacións de pais e nais, coordinados pola Agrupación de Atletismo Escolar Xóvenes Atletas, que preside Antero Docampo.
O alcalde, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou as seguintes probas: Cros Párroco Don Camilo (30 de marzo), Carrasqueira (4 de maio), Mosteiro Bembrive (11 de maio) e Chans Bembrive (18 de maio), ademais da carreira no circuíto atlético de Castrelos.
Este ano, a organización, co patrocinio do Concello de Vigo, estima que nas probas haberá unha media de 450 participantes, polo que aumentará a participación sobre os datos de 2024.